RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Orzán SD Xuvenil Feminino alza a Copa da Coruña en ABANCA-RIAZOR

O Orzán SD Xuvenil Feminino proclamouse campión da I edición da Copa da Coruña ao derrotar (2-0) en ABANCA-RIAZOR na gran final ao Victoria CF B.

A internacional Lucía Rivas desnivelou o partido dous goles nos minutos 29 e 39.

No entanto, o partido estivo todo momento baixo o control do equipo que dirixe César Conde e o resultado cabe cualificarse como curto, a tenor dos merecementos do Orzán SD Xuvenil Feminino.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Uxía Rabuñal, Noelia Furelos, Uxía López, Elena Vázquez, Antía Brage, Sara Cercido, Mica Baratelli, Ivana Fernández, Lucía Rivas, Iria Otero e Laura Santos. Tamén xogaron: Martina Rivas, Noe Gómez, Macarena González, Paula Sánchez e Candela Fernández.

Os resultados do Orzán SD Xuvenil Feminino nesta I edición da Copa da Coruña son os seguintes:

Oitavos de final
Brexo Lema SD 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Sara Cercido -2-, Uxía López, Macarena González e Ivana Fernández)

Cuartos de final
UD Carral 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Iria Otero, Laura Santos e Noe Gómez)

Semifinal
SE Abellá SDEC 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Uxía López, Noe Gómez, Macarena González e Carlota Rubio)

Final
Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria CF B 0