Coa temporada concluída para o Fabril, e co Xuvenil A á espera de disputar as semifinais da Copa de Campións ante o Betis en Ponferrada, mañá domingo 25 queda só un partido en ANOSACANTEIRA.
O Infantil, en 2ª posición da División de Honra, mídese en Cotogrande, a partir das 12:30, ao UD Santa Mariña.
Hoxe sábado 24 o Xuvenil B impúxose en Santa Isabel ao CD Conxo Santiago (0-6) na penúltima xornada da Liga Nacional.
Os branquiazuis, á fronte da táboa, avantaxan en 1 punto ao RC Celta B, que á mesma hora venceu no seu campo ao CVC Valladares.
Na última xornada, pendente de fixar día e hora, Dépor e Celta veranse as caras en Abegondo no partido que decidirá o título.
Tamén hoxe sábado o San Tirso SD Infantil visitou ao RC Celta na Madroa (10-0); e o Alevín A (na foto da noticia), Benxamín A e Fabril FC Benxamín participaron na localidade lucense de Vilalba na Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8. O Alevín A e o Benxamín A lograron a medalla de bronce mentres que o Fabril FC Benxamín foi 4º clasificado.
Finalmente 2 partidos adiantáronse a onte venres 23 de maio.
En Abegondo o Cadete, 2º na División de Honra, impúxose por 5-2 ao Arosa SC. E no campo pontevedrés de Agüeiros o San Tirso SD Cadete superou ao Salgueiriños FC após un espectacular intercambio de goles que acabou en 3-5.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría xuvenil
Liga Nacional, 33ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 0 - XUVENIL B 6 (Xabi Campos, Xian, Miguel de Labra -2-, Trillo e Gael)
Categoría cadete
División de Honra, 32ª xornada: CADETE 5 (Nico Martínez, Gael, Yago Trigo e Elías Trigo -2-) - AROSA SC 2
División de Honra, 32ª xornada: SALGUEIRIÑOS CF 3 - SAN TIRSO SD CADETE 5 (Nikolay Dyulgerov, Raúl Lema -2- e Roi -2-)
Categoría infantil
División de Honra, 29ª xornada: UD SANTA MARIÑA - INFANTIL, mañá domingo 25 de maio ás 12:30 en Cotogrande (Vigo)
División de Honra, 29ª xornada: RC CELTA 10 - SAN TIRSO SD INFANTIL 0
Categoría alevín
Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8, en Vilalba
Sábado 24 de maio
Semifinal
ALEVÍN A 3 (Nacho Villanueva -2- e Alejandro Astray) - RC CELTA 3. A penaltis: 3-4
Partido polo terceiro e cuarto posto
ALEVÍN A 2 (Nacho Villanueva -2-) - ESCOLA DE FÚTBOL DSF 2. A penaltis: 3-2
Categoría benxamín
Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8, en Vilalba
Sábado 24 de maio
Semifinal
BENXAMÍN A 1 (César Leira) - RC CELTA 2
Terceiro e cuarto posto
BENXAMÍN A 5 (Pablo Gómez -2-, Martín Martelo, Marco Dios e Pablo Couso) - FABRIL FC BENXAMÍN 2
Fase Final do Campionato Galego de fútbol 8, en Vilalba
Sábado 24 de maio
Semifinal
AD VILA DE CORPUS 5 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Nico Mariño)
Terceiro e cuarto posto
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Fabio Álvarez e Tomás Sánchez) - BENXAMÍN A
