RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

O Orzán SD Xuvenil Feminino xa coñece aos seus rivais no grupo 1º da Fase de Descenso de Primeira División

Atlántida Matamá, PM Friol B, SD Tordoia, Tomiño FC Femenino e SD Xuventú Aguiño serán os rivais do Orzán SD Xuvenil Feminino no grupo 1º da Fase de Descenso da Primeira División Galega.

O formato de competición será de liga a dobre volta, cun total de 10 xornadas. Tense en conta a puntuación da primeira fase. Desta forma, o equipo orzanista, cuarto na primeira parte da tempada, comeza esta segunda como líder do subgrupo con 6 puntos. Os dous últimos clasificados baixarán a Segunda División.

O primeiro partido do Orzán SD Xuvenil Feminino será este domingo 20 de marzo ás 16:00 na Torre (campo 1) #ante o SD Xuventú de Aguiño.

O calendario do equipo orzanista é o seguinte:

Xornada 1 (20/03/2022) Xornada 6 (01/05/2022)
Orzán SD Juvenil Femenino SD Xuventú Aguiño
Xornada 2 (27/03/2022) Xornada 7 (08/05/2022)
PM Friol B Orzán SD Juvenil Femenino
Xornada 3 (03/04/2022) Xornada 8 (15/05/2022)
Orzán SD Juvenil Femenino SD Tordoia
Xornada 4 (10/04/2022) Xornada 9 (22/05/2022)
Orzán SD Juvenil Femenino Tomiño FC Femenino
Xornada 5 (24/04/2022) Xornada 10 (29/05/2022)
Atlántida Matamá Orzán SD Juvenil Femenino