O encontro entre o Dépor ABANCA e o Alhama CF deste domingo 26 de abril ás 12:00 (Dazn e RTVE Play) en ABANCA-RIAZOR foi declarado Día DÉ... Concienciación sobre o Autismo.
Hai realidades que non sempre ven... pero están aí, formando parte do noso día a día, da nosa sociedade, da nosa vida.
Este encontro en ABANCA-RIAZOR é, pois, unha xornada para mirar con máis atención, para escoitar con máis calma.. e para comprender mellor.
Cada persoa sente, vive e comunícase dunha maneira única. E nesa diversidade tamén está a nosa forza.
O fútbol, como a vida, é equipo. E só desde o respecto, a empatía e a inclusión podemos avanzar xuntos.
Este domingo non só xogamos un partido ante ANOSAFORZA, xogamos por visibilizar, por apoiar e por construír un mundo máis comprensivo e accesible para todas as persoas.
En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.
