O partido que o próximo 15 de abril, ás 21 horas, disputarán no
Santiago Bernabeu o Real Madrid e un combinado do Celta e Deportivo será
retransmitido en directo pola TVG e por Telemadrid.
O Deportivo, do mesmo xeito que o Celta, achegará ao combi
A saída será conxunta, o mesmo día do partido, desde o aeroporto de Lavacolla.
En Madrid, o hotel de aloxamento será o Hesperia. O regreso será
ao día seguinte, á primeira hora, aos aeroportos da Coruña e Vigo
respectivamente.
O mesmo día do amigable haberá unha rolda de prensa no Hotel Hesperia,
ás 13.30 horas, dos adestradores e xogadores do tres clubs
participantes no acto Xuntos con Galicia.
A camiseta do combinado galego será verde, cos escudos de Deportivo
e Celta. O pantalón será negro.
A Fundación ARAO abriu unha conta específica para o devandito partido en Caixa Galicia:
20910300483040140768. As entradas custarán 100, 60, 10, 6 e 3 euros e para a súa venda están xa
habilitadas despachos de billetes no Estadio Santiago Bernabéu.