RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O persoal recibe unha torta de Anxo Martínez, un mozo afeccionado deportivista de Ferrol

Sorpresa agradable para o persoal deportivista esta mañana en Abegondo. Ao finalizar a sesión de adestramento, o mozo Anxo Martínez, acompañado polo seu pai, Ramón Martínez 'Chacho' e por algúns membros da

Sorprendidos, os xogadores branquiazuis reaccionaron cun espontáneo aplauso. Todos pousaron riseiros con Anxo, de 15 anos de idade, o seu pai e os seus familiares.

Anxo, fervente deportivista de Ferrol, prometeu no seu día en recordo ao seu avó falecido (gran seguidor do Dépor), que regalaría unha torta aos xogadores se o equipo lograba o obxectivo final do ascenso. Nada máis consumarse este feito, o pasado sábado ante o Real Xaén, este mozo, axudado por Julia, unha repostera amiga da familia, púxose ao choio con todo o empeño. Anxo levou o agradecemento de todos en Abegondo.