RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O porteiro Diego Rivas renova por unha tempada polo Fabril

A meta Diego Rivas llegó a un acordo hoxe xoves co Club para renovar por unha tempada más polo Fabril. Diego, que a pasada tempada alternó a titularidade con Marcos Valín, paró dous penaltis ao Burgos en Riazor na quenda

Onte mércores, Jonathan Mejía Ruiz, coñecido futbolísticamente como Jonan, converteuse no segundo reforzo do Fabril de face á próxima tempada. Malacitano de 21 anos, xoga de dianteiro centro. Asinou por dúas tempadas con opción a dúas campañas máis. Formado no Málaga, militou na campaña 2008-09 no Lorca. A tempada pasada defendeu as cores do Melilla, equipo que quedou en segunda posición do grupo cuarto de Segunda B, igualado a puntos co Granada, posteriormente ascendido e campión da categoría.

O pasado 31 de maio, o Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, confirmou en rolda de prensa celebrada na Praia Club o primeiro reforzo: Julien Dilal Nddombo, un futbolista camerunés de 18 anos que xoga pola esquerda e que asinou polo próximas tres tempadas.


Ata o momento, causaron baixa no persoal fabrilista respecto da pasada tempada: Val, Toni, Castelo, Momar e Valencia. Aínda por fixar a data de regreso aos adestramentos, o conxunto que dirixe Perico Ramallo xa ten dous partidos de pretemporada confirmados.  O 17 de xullo ás 12.00 medirase no Campo Municipal de Lombáns a unha Selección da Costa no marco da Asemblea Anual de Penas deportivistas que se celebra este ano en Ou Pindo (Carnota), organizado pola Pena Deportivista A Moa.

A final de mes, concretamente o 31 de xullo, con hora e rival aínda por determinar, o Fabril xogará en Esteiro (Muros), nun partido que servirá para homenaxear ao falecido José Luís Vara, natural desta bela localidade costeira.