RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Presidente confirma o primeiro reforzo do Fabril para a próxima tempada

O Presidente do Deportivo confirmó en rolda de prensa celebrada na Praia Club tras a presentación de Míchel o primeiro reforzo do Fabril para a tempada 2010-11. Trátase de Julien Dilal Nddombo, un futbolista camerunés de 18 a&n

En canto a outros temas, algunhas das frases de Augusto César Lendoiro foron as seguintes:

Filipe
"Parece que pode haber interese do Atlético de Madrid e doutros grandes Clubs. Pero está todo tan verde tan verde que non merece a pena facer valoracións".

Persoal 2010-11
"A día de hoxe van seguir todos os futbolistas no equipo excepto Brayam Angulo. Haberá que esperar a decisión do míster tendo en conta ademais que moitos teñen contrato en vigor".

Angulo
"El tiña asinado unha tempada de cesión con outro tres tempadas máis. Como xa estivo unha aquí, tratábase de incluír unha terceira tempada máis pero eles querían cambiar as condicións xa pactadas".

Sergio

"O tema de Sergio non existe para nada. Todo se debe a unha cláusula que ten o seu contrato desde fai oito ou nove anos e quérea modificar. E claro, nós por aí non pasamos. Imos ver o que ocorre".

Lafita
"Agora mesmo o Real Zaragoza só pagou, o 31 de agosto pasado, dous millóns de euros. O certo é que nos deben un millón e medio de euros e o IVE pertencente ao tres millóns e medio".

Míchel e a canteira da Valencia
"Juan Domínguez e Míchel poden xogar cada un na posición do outro pero non son en absoluto futbolistas iguais. A nosa meta é que cheguen ao primeiro equipo os máximos canteiráns posibles, que non galegos. Non imos pór portas ao campo neste aspecto".

Relación co Concello
"As relacións co Concello non son boas nin malas. Simplemente non existen porque non nos reciben. Nin sequera puidemos reunirnos con eles sobre o Mundial do 2018".

Cea mantida a pasada semana con Manuel García Quilón (axente de Filipe e Juan Rodríguez)
"Manteño desde hai moitos anos unha relación extraordinaria con el. O normal é que cando estou en Madrid quedamos unha vez á semana para comer ou cear. Esta vez pasouse pola Coruña pero non quere dicir absolutamente nada".