RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Presidente da Xunta felicita ao Real Club Deportivo

O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, felicitó esta tarde ao Real Club Deportivo polo ascenso a Primeira División e polo título ligueiro. Ao acto, celebrado no Pazo de Raxoi en Santiago, asistió o per

Abriu o acto Lendoiro, quen agradeceu a invitación do Goberno galego. Lembrou ademais a alegría que supuxo o ascenso para miles de deportivistas de Galicia e de fóra da terra.

Ademais de desexar sorte ao Celta, que podería ascender o domingo como subcampión, resaltou que nas multitudinarias celebracións "non houbo nin un só incidente que destacar".

Pechou a súa intervención regalando a Feijoo unha camiseta asinada por todo o persoal e outra tamén asinada para o seu pai Saturnino, simpatizante do Deportivo.

Alberto Nuñez Feijoo agradeceu tamén o xesto do Deportivo por acudir á chamada do goberno galego.

Subliñou a importancia que ten o ascenso do Deportivo no Produto Interior Bruto de Galicia; destacou o feito de que "moitos xogadores preferiron quedar no Deportivo en Segunda a fichar por outros equipos de Primeira"; e eloxiou ao Presidente Lendoiro, "un dirixente do deporte de toda a vida".

A tarde finalizou cunha foto de familia coa Catedral de Santiago de fondo.