RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Presidente Lendoiro, agradecido ao ''Gran respaldo que tivemos dos accionistas''

O Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, quixo dar as grazas ante os medios de comunicación por "o gran respaldo, eu diría que extraordinario da gran maioría dos accionistas da entidade".

Quixo deixar claro que o Club está nunha situación "delicada economicamente pero perfectamente asumible". Así mesmo, insistiu ante os medios de comunicación, do mesmo xeito que antes na Asemblea de Accionistas, que "agora mesmo, a 30 de maio, o Deportivo non debe ningunha cantidade a entidade financeira algunha que vencese e sexa esixible a ningunha entidade de ningún tipo".
Asegurou o dirixente branquiazul que en breve, "e en canto quede constituído o grupo de Goberno Municipal, o Club tratará de chegar a acordos, como sempre estivemos dispostos" e insistiu en que a supresión do límite do un por cento aprobado esta noite era unha necesidade "porque era necesario capitalizar o Club e demostrouse que entre todos non fomos capaces de sacar adiante a ampliación de capital. Por tanto deixaremos que sexa un ou máis persoas, ou un grupo de persoas ou entidades as que a leven a cabo".
canaldeportivo.tv ofrecerache nas próximas horas as declaracións do Presidente, Augusto César Lendoiro, nada máis concluír a Asemblea Extraordinaria de Accionistas do Deportivo.