O presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, estivo onte
convidado os estudos da Cadea Ser en Madrid, no programa O Traveseiro
que dirixe José Ramón da Morena. O dirixente deportivista referiuse a varios
dos temas que conforman a actualidade depo
Así, sobre Makaay e o seu futuro, Lendoiro asegurou que o dianteiro
holandés "non está en venda". E remitiu en principio aos interesados na
súa fichaxe, "que si hai algunhas propostas, non só as do Barcelona ou do Bayern
de Munich", ao seu clausula de rescisión (10.000 millóns das antigas
pesetas). Iso si, o presidente do Deportivo discrepa con Makaay "nalgunhas
das cousas que dixo e que non se axustan á realidade. Por exemplo, el
sostén que non estivo valorado aquí. E eu creo que no Deportivo valorouse
muchisimo".
Lendoiro lembrou, respecto das palabras de Diego Tristán na sala de prensa
de Riazor onte ("Ou Roy ou eu xogaremos no Deportivo", dixo o
andaluz), que no Deportivo hai unha nómina extensa de dianteiros: Pandiani,
Abreu, Changui, Iván Pérez, Luque, Tristán e Makaay. Así mesmo, o presidente
confirmou a cesión de Abreu por toda a tempada ao America de México: "Estou
seguro que o Tolo, que ten 26 anos, acabará triunfando no fútbol español
e no Deportivo".
Valorou tamén as próximas reunións que os presidentes do fútbol
español manterán a principios de xullo na Coruña. "Estou seguro que serán
moi frutíferas", e indicou que continúa negociando o contrato de televisión:
"Agora son momentos difíciles que nada teñen que ver cos anos
96, 97..."
En canto ao proxecto de novo estadio, Augusto César Lendoiro púxose a disposición
do alcalde. "Eu para o alcalde da miña cidade estou sempre
dispoñible. Sairía correndo agora mesmo para ensinarlle unha marabilla. O
estadio máis bonito do mundo, onde desde a tribuna pódese ver o
mar rompendo na praia", apunto o presidente deportivista, que, iso si,
recoñeceu que Francisco Vázquez "aínda non o viu".