RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Presidente Lendoiro, protagonista en Onda Cero e Punto Radio

O Presidente Lendoiro foi o protagonista esta pasada madrugada en dous programas radiofónicos: "Ao primeiro toque" de Onda Cero Radio, presentado por Ángel Rodríguez; e en "Abellán en Punto" de Punto Radio,

Verlo en canaldeportivo.tv

A huelva convocada pola AFE para as dúas primeiras xornadas de Liga e por suposto o Deportivo foron algúns dos temas que abordou o dirixente deportivista. "Recortamos dos últimos anos o orzamento do club un 60%", comentou Lendoiro en Onda Cero Radio. Neste sentido, pediu ao mundo do fútbol "sentar para buscar solucións globais. Porque se non é moi difícil buscar solucións para aquí, cara alá..." Lembrou tamén as "importantes débedas" que manteñen co Dépor clubs en concursal e que están en Primeira División, caso do Betis, Racing ou Zaragoza.

Verlo en canaldeportivo.tv

En Abellán "en Punto" de Punto Radio, Augusto César Lendoiro lembrou a "enorme tristeza" derivada do partido ante a Valencia e tamén a reacción posterior da xente: "Non lembrabamos levar 7.000 altas. Só cando subiu o equipo de Segunda a Primeira no ano 91". Confesou que nunca pensou en arroxar a toalla ao comprobar o "enganche tremendo" da xente nova. Por fin, cre Lendoiro que "a nivel de institucións fixo máis o Dépor por Coruña que Coruña polo Dépor".