O presidente, Augusto César Lendoiro, e unha representación do consello
de administración do Real Club Deportivo da Coruña S.A.D. participarán
este sábado na comida-homenaxe ao xornalista José Antonio Martínez Arias, con motivo
da súa xubilación.
O Real Club Deportivo da Coruña S.A.D. quere agradecer a José
Antonio Martínez os seus anos de dedicación e profesionalidade ao club. A súa voz é
xa unha parte da historia do Deportivo.
José Antonio Martínez Arias
José Antonio Martínez Arias comezó a súa andaina profesional en Radio
Mocidade da Coruña, en 1957, no programa "Copacabana", como
colaborador da
sección de deportes. Ese mesmo ano entra a formar parte da redacción de deportes
do Ideal Galego, onde chegaría a xefe da mesma. Xa en 1973,
intégrase de cheo na redacción de deportes de Radio Mocidade, e
comeza a retransmitir partidos do Real Club Deportivo.
En abril de 1985, tres anos despois de abandonar O Ideal Galego, ponse
en marcha
a Radio Galega, da que forma parte desde o seu inicio. Exerce como
correspondente na Coruña e delegado de deportes da cidade. Foi o
primeiro locutor que retransmitiu en galego un partido de Real Club
Deportivo, equipo ao que acompañou desde aquela.
Ademais, foi correspondente de numerosas publicacións: "O
Progreso", "A
Folla
do Luns", "Faro de Vigo", o xornal deportivo
"Din", "Mundo
Deportivo", etc.
José Antonio Martínez desenvolveu un labor comprometido co deporte.
Así, foi
presidente do C.D. Hércules, da Federación Coruñesa de Baloncesto, do
Colexio
Coruñés de Arbitros de Baloncesto, secretario provincial de Deporte Escolar,
vogal de zona da Federación Española de Baloncesto, árbitro de balonmán
etc.