RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O primeiro rival do Deportivo ABANCA na Copa Deputación será o vencedor do Deportivo Orzán-Portazgo

O Deportivo ABANCA, que regresou aos adestramentos onte martes 18 de xullo na Cidade Deportiva de Abegondo, entrará na Copa Deputación da Coruña nos oitavos de final, nos que se enfrontará ao gañador da eliminatoria previa entre o Deportivo Orzán e o Portazgo.

Deste xeito, o equipo feminino branquiazul non deberá disputar a fase preliminar. Por iso, o primeiro encontro do verán para as xogadoras que dirixe Manu Sánchez será un dos pratos fortes da pretemporada. Trátase do V Trofeo Teresa Herrera, que se celebrará o 5 de agosto no Estadio ABANCA-RIAZOR, co Athletic Club como rival.

O calendario da pretemporada para o Deportivo ABANCA queda deste xeito:

5 de agosto: Deportivo ABANCA - Athletic Club (Estadio ABANCA-RIAZOR)
6 de agosto: Deportivo Orzán ou Portazgo - Deportivo ABANCA, nos oitavos de final da Copa Deputación
9 de agosto: Sporting Braga - Deportivo ABANCA (Braga, Portugal)
13 de agosto: cuartos de final da Copa Deputación
15 de agosto: Torneo Concello de Friol, en formato 3 en 1, contra CPM Friol e Victoria FC (A Reigosa, Friol)
20 de agosto: semifinais da Copa Deputación
23 de agosto: final da Copa Deputación
26 e 27 de agosto: XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo (Cidade Deportiva da Torre)

O Deportivo ABANCA conta con 22 xogadoras no seu cadro cara á Temporada 2017-2018: Anita, Malena e Sheila (porteiras), Cris, Miga, Miriam, Raquel, Silvia Mérida, Laura Vázquez e Patri Rúa (defensas), María Corral, Tere Abelleira, Kika Moreno, Lía, Gere e Iris (centrocampistas), Estefi, Nuria, Gaby García, Peke, Jone Bilbao e Sara (dianteiras).