RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

O RC Deportivo activa a pre-reserva de entradas para a visita á Real Sociedad B

O RC Deportivo habilita a posibilidade de realizar a pre-reserva de entradas para o partido do sábado 18 de maio ás 19:00h en campo da Real Sociedad B, correspondente á 37ª xornada do grupo 1 de Primera Federación. As localidades teñen un prezo de 12 euros e quedan limitadas a dous por socio. Para realizar a xestión, o abonado deberá acceder á web http://entradas.rcdeportivo.es.

A Real Sociedad puxo a disposición do RC Deportivo un total de 300 entradas, das cales un 40% serán xestionadas e vendidas pola Federación de Peñas, e o resto a través do club. 

A pre-reserva poderase facer desde agora mesmo até mañá mércores 15 ás 9:00h. No caso de que houbese máis abonados en pre-reserva que entradas dispoñibles, realizarase un sorteo, cuxo resultado se comunicará aos abonados, que poderán acudir a recoller as entradas á OAD mañá mércores 15 de 10.00 a 13:30h e de 16.30 a 19.00h. No caso de que os gañadores non retiren todas as entradas, o xoves 16 no mesmo horario poranse á venda para aqueles que non lles tocou o sorteo, ou no caso de que non haxa sorteo, para o público xeral.

Será obrigatorio presentar o abono e o DNI dos asistentes e un deles debe ser o titular do abono.