RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSAFORZA

O RC Deportivo entra na última semana de renovacións con 15.071 abonados e abonadas

O RC Deportivo entrou na última semana habilitada para renovar cun total de 15.071 abonados e abonadas.

As persoas abonadas da pasada temporada manterán a reserva do seu asento até o domingo 27 de xullo (por transferencia bancaria, até o xoves 24 de xullo ás 13:00 horas e online até o domingo 27 de xullo até as 23:59 horas).

A partir do luns 28 de xullo todas as localidades que non fosen renovadas serán liberadas para que as persoas socias poidan cambiar a súa localización ou asignar un novo asento. Os días de cambio de localidade e modalidade (de abono simpatizante a abono con localidade) serán do 30 de xullo ao 13 de agosto, exclusivamente para persoas socias da temporada pasada, sempre mediante cita previa en citaprevia.rcdeportivo.es.

Modalidade Sub-25

Os abonados e abonadas que se acollan a esta modalidade teñen unha tarifa especial sobre o abono normal da temporada. Aplicable en todas as localidades. 

Considérase Sub-25 a todas aquelas persoas socias nadas entre o 01-01-2000 e o 31-12-2009 (ambos inclusive). 

Será obrigatoria a presentación do DNI no momento da expedición e a requirimento de calquera persoa empregada do Club durante a temporada. 

Modalidade ADN Branquiazul

Aquelas abonados e abonadas que se acollan a esta modalidade teñen unha tarifa especial sobre o abono normal da temporada. 

Considérase ADN Branquiazul a todas aquelas persoas socias nadas despois do 01-01-2010 (inclusive). 

Socio amigo/a

Esta modalidade está dirixida aos deportivistas que por diferentes circunstancias (xeográficas, persoais...) non poden acudir aos partidos en ABANCA-RIAZOR pero queren seguir formando parte do Club dos seus amores. 

Poderán manter a antigüidade; terán un desconto do 25% pola compra de 4 entradas que poderán trocar ao longo da temporada ou nun mesmo encontro (salvo zonas VIP); teñen prioridade por diante das persoas anotadas en lista de espera para ter un abono na temporada 2026/27 con localidade; ademais de libre acceso como persoas socias para asistir a todos os partidos do Fabril e categorías inferiores do Dépor que se celebren na Cidade Deportiva até completar a bancada ou en ABANCA-RIAZOR durante a temporada 2025-26.

Nen@ Dépor

Esta modalidade está pensada para os deportivistas recentemente nados, entre 0 e 2 anos. 

Considérase Nen@ Dépor a todas aquelas persoas socias nadas despois do 01/01/2023 (inclusive). 

Poderán manter a antigüidade e asistir a todos os partidos de LaLiga Hypermotion ou da Copa del Rey (excluídos partidos de play off, cuartos de final ou semifinal de Copa del Rey) que se disputen no Estadio ABANCA-RIAZOR; teñen prioridade por diante das persoas anotadas en lista de espera para ter un abono na temporada 2026-27 con localidade para os partidos no Estadio ABANCA-RIAZOR; ademais de poder asistir a todos os partidos do Fabril e categorías inferiores do Dépor que se celebren na Cidade Deportiva até completar a bancada ou en ABANCA-RIAZOR durante a temporada 2025-26.

Para iso só terán que retirar a invitación de acceso o mesmo día de partido en presenza do NEN@Dépor en calquera das portas indicadas no mapa.

Podes consultar aquí o dossier da campaña de abonos 2025-26.