O RC Deportivo lanza a campaña "Este vaso tamén volve" para reducir o impacto ambiental derivado do consumo de envases dun só uso. O obxectivo desta acción é evitar o uso de máis de 200.000 vasos desechables, o que equivale a cubrir case a superficie dun campo de fútbol con vasos de plástico.
Durante dous días, este xoves 3 de agosto desde as 10h, e o venres 4, calquera persoa que presente o seu abono físico ou dixital nunha DéporTienda poderá conseguir o seu vaso reutilizable de forma gratuíta. Ademais, desde este sábado 5 de agosto no Teresa Herrera, os afeccionados que acudan a ABANCA-RIAZOR poderán adquirir por un euro este vaso cun deseño especial e 100% reciclable para todas as consumicións no estadio.
Ademais, nas barras deixarán de servir bebidas en botellas de plástico, substituíndoas completamente por envases de vidro retornable.
Parte dos ingresos xerados polos vasos reutilizables serán destinados á fundación do RC Deportivo, onde se desenvolven liñas estratéxicas para reducir o impacto ambiental. Ao longo da temporada, os vasos reutilizables terán deseños conmemorativos da historia do Dépor e o seu percorrido no fútbol español, converténdoos ademais en obxectos coleccionables.
Esta acción reducirá significativamente os residuos xerados nos partidos celebrados no estadio coruñés, eliminando o uso duns 200.000 envases dun só uso. Con "Este vaso tamén volve", o RC Deportivo busca unha notable redución sustentable do impacto ambiental xerado polo consumo de bebidas no estadio.
Transparencia e participación activa
Para que toda a afección senta partícipe desta acción, o RC Deportivo informará en cada partido da evolución dos obxectivos alcanzados, así como do número dos envases dun só uso que se deixaron de utilizar no estadio no anterior encontro grazas á súa implicación.
En cada partido, a través da megafonía do Estadio ABANCA-RIAZOR anunciarase a cantidade de envases desechables aforrados desde a xornada anterior.
Ademais de poder utilizar o vaso retirado co abono nas DeporTiendas ou o que se adquire no recinto, permitirase aos asistentes ingresar ao estadio con outros vasos persoais para bebidas que cumpran características específicas, promovendo así a reutilización dos envases que poidan ter en casa.
"Xuntos construímos un estadio, un ambiente e un club máis sustentable"
Con esta acción, o RC Deportivo márcase o obxectivo de crear un mellor estadio, un ambiente máis sustentable e un club comprometido coa redución do impacto ambiental.
#SoñarSentirVivir