RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Primeira xornada do Dépor Genuine en Burgos con motivo da terceira fase de LaLiga Genuine

Novo e intensa fin de semana para o Dépor Genuine en LaLiga Genuine 2024-25, unha competición de fútbol desenvolvida por LALIGA, a través da súa Fundación, e pioneira en promover a integración de persoas con discapacidade intelectual na sociedade a través do fútbol. 

Intégrana 47 equipos procedentes de toda a xeografía española, con algo máis de 1.200 xogadores e xogadoras; e asentada como un referente no deporte inclusivo e unha celebración da diversidade.

Os equipos quedaron divididos en 2 grupos baixo os nomes de Compañeirismo e Respecto, dos que sairán dous campións deportivos e dous de fair play cando finalice o calendario, que está dividido en 4 fases, distribuídas en 6 sedes.

A terceira fase é para os deportivistas na Cidade Deportiva do Burgos CF esta fin de semana.

O Getafe CF foi o primeiro rival. O resultado final de foi 0-3, con 3 partes a favor dos getafenses e a última finalizada con empate (1-1) e gol deportivista de Álvaro López.

Mañá domingo, ás 10:00, a SD Eibar Fundazioa será o seguinte equipo en enfrontarse ao Dépor Genuine.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 10 de maio
DÉPOR GENUINE 0 - GETAFE CF 3

Domingo 11 de maio
10:00: DÉPOR GENUINE - SD EIBAR FUNDAZIOA

Anteriormente LaLiga Genuine pasou por Tarragona, co Nàstic como club anfitrión, o pasado mes de novembro de 2024; e por Abegondo e Paterna, dividida a comunidade Genuine en 2 grupos, na segunda fase disputada en marzo.

Para finalizar, do 30 de maio ao 1 de xuño terá lugar a máis que esperada gran final da competición que reunirá aos 47 equipos que a compoñen. O Athletic Club será o encargado de recibir a toda a gran familia Genuine na súa Cidade Deportiva de Lezama, onde se disputarán os últimos e máis emocionantes encontros da edición. Valencia CF, FC Cartagena e UD Almería enfrontaranse aos deportivistas.

LALIGA GENUINE é un proxecto que fomenta a igualdade, a tolerancia e o respecto mediante a forza do fútbol, pero tamén mediante programas de inclusión sociolaboral e de apoio á formación dos seus integrantes.