RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

O RC Deportivo lanza un paquete de partidos para gozar de todos os encontros da segunda volta do Dépor ABANCA en ABANCA-RIAZOR

O RC Deportivo pon á venda un paquete que permitirá acceder a todos os encontros da segunda volta do Dépor ABANCA en ABANCA-RIAZOR por só 20 euros, sen a condición de ser Soci@ Amig@ do Dépor. Unha oportunidade única para ver fútbol feminino coa emoción e o ambiente que só ofrece #ANOSACASA.  

Ademais, para que máis persoas poidan gozar desta experiencia, o Club ofrece un desconto progresivo na compra de packs, até un máximo de cinco.

Todos os afeccionados que se fagan con este paquete poderán vivir en directo os encontros fronte ao Real Madrid CF, Sevilla FC, FC Barcelona, SD Eibar, Alhama CF, Real Sociedad e RCD Espanyol, destacando especialmente os enfrontamentos fronte a Real Madrid e FC Barcelona, dous dos grandes da competición.

Coa compra obterase un código promocional que se deberá trocar cada vez que se retire a entrada para cada un dos partidos.O prazo para adquirir este paquete de encontros finaliza o 30 de xaneiro de 2026 nesta ligazón.

Con esta iniciativa, o RC Deportivo pretende fomentar a asistencia a partidos de fútbol feminino de primeiro nivel e contribuír a xerar referentes entre as nenas que soñan con ser futbolistas profesionais. 

Nesta liña, o Club reforza a aposta polo Dépor ABANCA, promovendo o crecemento do deporte feminino e a súa proxección dentro e fóra de ABANCA-RIAZOR.