RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

A RC Deportivo Fundación activa a bancada solidaria de ABANCA-RIAZOR para o Dépor - Cádiz CF do domingo 4 de xaneiro ás 21:00

A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo deste domingo 4 de xaneiro ás 21:00 ante o Cádiz CF activa a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria. 

Para solicitar entradas, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.

A data límite para poder solicitalas serán as 12:00 h. deste mércores 31 de decembro.