RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSAFORZA

O RC Deportivo xa conta con 10.097 abonados e abonadas

Un total de 10.097 persoas xa renovaron o seu abono para a próxima temporada 2025-26.

Lembra que picando esta ligazón podes renovar as 24 horas do día.

Os prezos pódelos consultar na imaxe inferior.

As persoas abonadas da pasada temporada manterán a reserva do seu asento até o domingo 27 de xullo (por transferencia bancaria, até o xoves 24 de xullo ás 13:00 horas e online até o domingo 27 de xullo até as 23:59 horas).

A partir do luns 28 de xullo todas as localidades que non fosen renovadas serán liberadas para que as persoas socias poidan cambiar a súa localización ou asignar un novo asento. Os días de cambio de localidade e modalidade (de abono simpatizante a abono con localidade) serán do 30 de xullo ao 13 de agosto, exclusivamente para persoas socias da temporada pasada sempre mediante cita previa en citaprevia.rcdeportivo.es.

Bonificación para os maiores de 65 anos

Considérase maior de 65 anos a todas aquelas persoas nadas antes do 31/12/1960 (inclusive) e que terán unha tarifa especial sobre o abono normal da temporada; e aplicable en todas as localidades.

Será obrigatoria a presentación do DNI no momento da expedición e a requirimento de calquera persoa empregada do Club durante a temporada.

Podes consultar aquí o dossier da campaña de abonos 2025-26.