RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Real Club Deportivo entregou as insignias aos seus socios máis fieis lle

  O Real Club Deportivo vivió o xoves a xornada social más importante de cada tempada, a entrega das insignias que distinguen aos socios más fieis lle do Club. Os novos socios 1, 2 e 3 do Club: Jaime Presas, Féfe G

A xornada comezou ás 14:00 horas no Hotel Meliá María Pita, no que se deron cita os 3 socios que cumpren tres cuartos de século ininterrompidos como abonados, acompañados pola súa familia e emocionados coa cita. Jaime Presas, Fefé García do Río e José Pereira convertéronse nos novos socios 1, 2 e 3 no mesmo ano no que se celebran as súas vodas de platino co Club. Por iso recibiron a Insignia de Ouro e Brillantes e fixeron gala do seu deportivismo e da súa prodixiosa memoria, lembrando aspectos da tempada na que estrearon o seu carné coincidindo co primeiro ascenso do Deportivo a Primeira División nos seus 110 anos de historia.

Tras eles, os 36 novos Socios de Ouro do Real Club Deportivo recibiron o distintivo que acredita os 50 anos de fidelidade ao Deportivo. Tras ser impostas unha a unha as insignias polo presidente Tino Fernández, Maria Concepción Sánchez tomou a palabra en nome de todos os seus compañeiros homenaxeados (33 homes e 3 mulleres) para lembrar, nun emotivo discurso, a súa vida enteira xunto ao Deportivo e ao seu marido, Carlos Trigo Guillemet que recibiu, no hotel no que traballou ata a súa xubilación, a insignia a título póstumo. Tras ela, o presidente do Deportivo falou do momento ilusionante que vive o Deportivo tras recoñecer que a socios "que levan 75 e 50 anos seguindo ao Deportivo non hai que explicarlles a ilusión que xera sempre este equipo".
 
Tras o xantar, boa parte dos Socios de Ouro e Fefé García do Río en representación dos socios de Ouro e Brillantes, se traslaron a Palexco, sede da gala de entrega de Insignias aos Socios de Prata. Case 500 dos 576 que esta tempada 2015-2016 cumpren 25 anos déronse cita no acto, xunto a representantes do equipo, directiva e empregados que hai 25 anos lograron un fito na historia do Club, o inesquecible ascenso de 1991. 
 
Sobre esa efeméride, da que se cumpren 25 anos o vindeiro xoves día 9, virou a gala presentada por Paco Lodeiro e que comezou cun minuto de aplausos e recordo en memoria de todos os socios do Dépor falecidos no último ano, especialmente Pedro de Carricarte (socio 1), Vituco Leirachá (socio 2) e Guzmán Chavert (socio 5).
 
A continuación, para recibir tamén o recoñecemento de todos os deportivistas presentes, tanto García do Río como os socios de ouro, subiron ao escenario para recoller un diploma de recordo e a ovación do auditorio. 
 
Finalmente chegou a quenda dos socios de prata, que gozaron dos vídeos dos goles da súa primeira tempada como abonados antes de lembrar como se retransmitiu fai un cuarto de século o partido do ascenso contra o Murcia. Aplausos e emoción revivindo un partido que o Club quere festexar coa edición especial dunha réplica da camiseta daquel partido, que os socios presentes puideron comprar en Palexco e que estarán á venda na Deportienda a partir do próximo xoves día 9, xusto 25 anos despois daquel partido. Os protagonistas do choque presentes, desde o adestrador Arsenio Igrexas, aos directivos Dopico e Guillín, pasando polo Doutor Barbeito, xogadores, auxiliares e empregados do Club, foron os primeiros en recibir esas camisetas de mans do presidente.
 
Iago Lago Doldán tomou a palabra en nome de todos os socios de prata, como antes fíxoo Luís Vázquez Drake en nome dos de Ouro, para pedir a todos os presentes que, igual que o seu pai fixo, o deportivismo e o que significa sígase transmitindo de xeración en xeración.
 
Para finalizar a gala, todos os socios que cumpren 25 anos de abonados recibiron a súa insignia de prata antes de brindar no cóctel final por outros "25 anos xuntos".
 
* Os socios que protagonicen a foto e desexen tela en alta resolución poden solicitala enviando a ligazón da foto da galería a fotos@canaldeportivo.com ou acudindo á Oficina de Atención ao Deportivista antes do luns 13 de xuño.
 
Os socios que non puideron acudir á gala a recibir a súa insignia de prata pódena recoller en calquera momento na Oficina de Atención ao Deportivista de Riazor dentro do horario de apertura (10:00 a 13:30 e 16:30 a 19:00 horas).