RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Real Club Deportivo recibe a Medalla de Ouro de Galicia

O presidente do R.C. Deportivo, Augusto César Lendoiro, acompañado de boa parte do consello de administración do club, recibirá este xoves no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en San Lázaro, a medalla de ouro de Galicia.

Ás 19.15, o presidente deportivista será recibido polo Conselleiro dá Presidencia, Jaime Pita, e Esther Regueiro, Directora Xeral de Protocolo e Relacións Públicas. Lendoiro será trasladado á Sala de Autoridades, onde asinará no Libro de Ouro da Xunta de Galicia. O acto de entrega de medallas comezará ás 19.30 horas, e terá a seguinte orde:

1. O Presidente da Xunta cede a palabra ao Chanceller de Medallas, que é o Conselleiro dá Presidencia, Jaime Pita Varela.
2. Lectura a cargo do Chanceler da Resolución do seis de xuño do 2002 polas que se conceden as Medallas de Galicia de prata e bronce. Empezando polas de bronce, o Chanceler chama un a un aos premiados, lendo os seus méritos. O presidente da Xunta imponlle a medalla e entrégalle o diploma correspondente.
3. O Chanceler le o Decreto 283/2001 do 31 de outubro polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia a Eugenio Fernández Granell (a título póstumo). O presidente da Xunta reclama no estrado a Ampara Segarra, que recolle a medalla e o correspondente diploma.
4. O Chanceler le o Decreto 196/2002 do seis de xuño, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia ao Real Club Deportivo da Coruña.

O presidente da Xunta chama a Augusto César Lendoiro, que recolle a Medalla e o correspondente diploma.
5. En nome dos homenaxeados, toma a palabra Augusto César Lendoiro.

O presidente da Xunta pronuncia o DiscursoInstitucional do Día de Galicia.
Ás 20.05 haberá un recital de Susana Seivane.
Ás 20.25 levántase a sesión.