RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O reloxo volveu ser un mal inimigo para o Deportivo, que a punto estivo de gañar onte en Tenerife

Os coruñeses sufriron os dous goles en momentos críticos: o primeiro cando faltaba un minuto para o final da primeira parte e o segundo a dous da conclusión do encontro.

En calquera caso o punto é importante para afrontar os próximos compromisos. O Deportivo é xa cuarto pola cola con sete puntos e un negativo. No Heliodoro Rodríguez logrou o primeiro empate da tempada na competición de Liga, pois xa empatou contra o Xetafe na volta da 3ªeliminatoria de Copa. Os branquiazuis loitaron no campo tinerfeño contra un vento fortísimo durante a primeira metade.

Tamén choveu intensamente, o que deixou o campo en malas condicións. Aínda que os canarios adiantáronse no marcador, os deportivistas tiveron a suficiente capacidade de reacción para cobrar vantaxe, aínda que en última instancia recibiron o gol que supuña o empate a dous.