RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O San Tirso SD Infantil acaba cuarto en Portugal mentres que Fabril FC Alevín e Benxamín caeron en cuartos de final en Cuntis

Sen competición oficial até despois do nadal, varios equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron esta semana partidos amigables de preparación previo aos días de descanso.

Pecharon esta semana hoxe sábado o San Tirso SD Infantil (na foto da noticia), que despois dun gran torneo acabou en cuarta posición da Lousada International Cup após perder na quenda de penaltis da semifinal e na do terceiro e cuarto posto; e o Fabril FC Alevín e Fabril FC Benxamín, que caeron en cuartos de final do Torneo de Nadal do Atlético Cuntis.

Onte venres o Benxamín A participou tamén con brillantez na citada Lousada International Cup, torneo amigable que reuniu ás mellores canteiras do país luso.

O cadro de Jacobo Saco e Nano Macedo só dobrou o xeonllo na final ante o FC Porto e, por conseguinte, obtivo unha meritoria medalla de prata.

O mércores 20 estaban fixados dous amigables: o Deportivo ABANCA B en Gondomar ante o Lóstrego CF (1-0) e o do Cadete en Arteixo (0-0).

No filial feminino a novidade foi a presenza da internacional Paula Novo, que volveu disputar un partido superada xa a súa longa lesión de xeonllo.

O Dépor ABANCA B formou de inicio con Uxía Rabuñal, Uxía López, Paula Novo, Noelia Mayo, Macarena González, Celia Sousa, Sara Cercido, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero. Tamén xogaron: Martina Rivas, Laura Testa, Elena López 'Cusi', Candela Fernández, Paula Martínez, Noe Gómez e Iria Otero.

As branquiazuis dominaron o xogo, gozaron das mellores ocasiones pero encaixaron o gol no único descoido defensivo.

O pasado martes xogaron en Abegondo o Alevín A e o Benxamín A; mentres que en Sada fixérono o Infantil e o San Tirso SD Infantil.

Os resultados dos amigables disputados esta semana foron os seguintes:

Categoría feminina
Mércores 20: LÓSTREGO CF 1 - DEPORTIVO ABANCA B 0 

Categoría cadete
Mércores 20: ATLÉTICO ARTEIXO (xuvenil) 0 - CADETE 0

Categoría infantil
Martes 19: SADA CF (cadete) 3 - INFANTIL 2 (Gabri e Martín)

Martes 19: SADA CF A 2 - SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Hugo Mateos, Leo Sánchez, Iago Álvarez, Roque Salgueiro e Íker Obeso)
Lousada International Cup no Complexo Deportivo de Lousada (Portugal)
Sábado 23 de decembro
Primeira Fase
SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Hugo Ferreiros e Roque Salgueiro)- SPORTING CP 0
CD FEIRENSE 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Thiago Montes)
SAN TIRSO SD INFANTIL 6 (Manu Alcázar, Juan Barros, Thiago Montes, Iago Álvarez, Yael López e Hugo Caridad) - VIZELA 0
AD LOUSADA 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Íker Obeso)
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - VITÓRIA SC 1

Semifinais
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Leo Sánchez) - FC PORTO 1. A penaltis: 2-3

Partido polo terceiro e cuarto posto
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - VITÓRIA SC 0. A penaltis: 6-7

Categoría alevín
Martes 19: ALEVÍN A 2 (Álvaro Gómez e Martín López) - SAN TIRSO SD B (infantil) 4

Torneo de Nadal no campo da Ran (Cuntis)
Sábado 23 de decembro
Primeira Fase
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Alejandro Astray -2-) - ED VAL MIÑOR 0
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Álex Balde) - URAL ESPAÑOL CF 0
FABRIL FC ALEVÍN 0 - ESCOLA ESTRADA FB 1
FABRIL FC ALEVÍN 5 (Thiago López, Alejandro Astray, Miguel Candal -2 e Xiao Fontao) - ATLÉTICO CUNTIS 0

Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 0 - PONTEVEDRA CF 1

Categoría benjamín
Martes 19: BENXAMÍN A 6 (Jorge Víboras -2-, Mateo Songo'o -2-, Leo Lorenzo e Yago Prieto) - ATLÉTICO CLUB PERILLO 4
Lousada International Cup no Complexo Deportivo de Lousada (Portugal)
Venres 22 de decembro
Primeira Fase
VIZELA 0 - BENXAMÍN A 11 (Alberto Novo -3-, Saúl Cancela -3-, Leo Lorenzo -2-, Ares Navarro -2- e Mateo Songo'o)
FC PORTO 2 - BENXAMÍN A 1 (Yago Prieto)
VITÓRIA SC 0 - BENXAMÍN A 2 (Mateo Songo'o e Alberto Novo)
AD LOUSADA 0 - BENXAMÍN A 12 (Alberto Novo -4-, Mateo Songo'o -4-, Ares Navarro -2-, Saúl Cancela e Antón Fernández)

Fase Final
Semifinais
BENXAMÍN A 2 (Ares Navarro e Yago Prieto) - SC BRAGA 1

Final
BENXAMÍN A 1 (Ares Navarro) - FC PORTO 4

Torneo de Nadal no campo da Ran (Cuntis)
Sábado 23 de decembro
Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Leo Galván) - URAL ESPAÑOL CF 0
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Martín Martelo) - ESCOLA ESTRADA FB 0
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Nico Castro e Martín Martelo) - BERTAMIRÁNS FC 0
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Nico Castro) - ATLÉTICO CUNTIS 0

Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - AROUSA SC 1