RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Sárdoma CF frea en Vigo ao Orzán SD Cadete Feminino

O Sárdoma CF freou en Vigo (5-3) ao Orzán SD Cadete Feminino, en partido correspondente á 15ª xornada na Liga Galega Cadete.

As orzanistas pagaron con derrota o seu mal comezo de partido, que as locais aproveitaron para porse con 3-0 no marcador. Logo mellorou o Orzán SD Cadete Feminino pero faltou o acerto e fortuna necesarios nas dúas áreas para a remontada.

Ana Capelo -2- e Paula Sánchez foron as autoras dos goles.

Con este marcador, o Orzán SD Cadete Feminino queda con 34 puntos e perde o liderado en favor dun Victoria CF que ten xa 35 puntos.

Orzán SD Cadete Feminino: Paula Bermúdez, Noelia Furelos, Uxía López, Daniela Basalo, Sofía Paz, Mica Baratelli, Candela Moreno, Sara Domínguez, Maca González, Ana Capelo e Paula Sánchez. Tamén xogaron: Antía García, Uxía Rabuñal, Silvia Agras e Carmen Traba.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Cadete Feminino recibe na Coruña ao Lóstrego CF.

Os resultados do Orzán SD Cadete Feminino até a data son os seguintes:

Orzán SD Cadete Feminino 2 (Ana Capelo e Maca González) - Umia CF 0
EF Femenino Rosalía 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Antía García)
Victoria CF 3 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e María Vilariño)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Candela Moreno, María Vilariño -2-, Antía García, Alexia Freire, Sara Domínguez, Ana Capelo -2- e Paula Sánchez -2-) - Caldas CF 0
UD Mos 2 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e Ana Capelo)
Orzán SD Cadete Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Maca González) - Sárdoma CF 4
Lóstrego CF 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Sara Domínguez)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Laura Santos, Carla Lugilde, Candela Moreno, Ana Capelo, Nadia Longueira, Mica Baratelli, Sara Domínguez -3- e María Vilariño) - SCD Milagrosa 0
Sporting Club San Mateo 0 - Orzán SD Cadete Feminino 6 (Daniela Basalo -2-, Alba Monteserín, Ana Capelo e Paula Sánchez -2-)
Umia CF 1 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Laura Santos e Maca González)
Orzán SD Cadete Feminino 4 (Ana Capelo -2-, Maca González e Uxía López) - EF Femenino Rosalía 0
Orzán SD Cadete Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Laura Santos) - Victoria CF 1
Caldas CF 0 - Orzán SD Cadete Feminino 6 (Paula Sánchez -3-, Maca González -2- e Noelia Furelos)
Orzán SD Cadete Feminino 3 (Ana Capelo, Paula Sánchez e Lucía Mariño) - UD Mos 0
Sárdoma CF 5 - Orzán SD Cadete Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Paula Sánchez)