O temporal de vento e choiva "Ulla" que, desde a madrugada e durante todo o día de onte, azotó con virulencia a costa coruñesa, causou danos en varias zonas do estadio de Riazor, especialmente nas cubertas.
As durísimas condicións meteorolóxicas das últimas semanas, e especialmente das últimas horas, deterioraron de maneira evidente o teito de varias bancadas, ademais de impedir calquera tipo de actuación para reparar ou minimizar os danos.
Esta mañá os servizos técnicos do Club e do propio Concello avaliaron a situación dos danos para asegurar que, tras o temporal, as instalacións do estadio pódense utilizar con normalidade, máis aló das incomodidades que poida causar a choiva que se filtre a través da cuberta.
Desde o Real Club Deportivo queremos trasladar as nosas desculpas a todos os socios e afeccionados que se poidan ver afectados por estas inevitables consecuencias do temporal sobre o estadio.