RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O World Padel Tour chega a Coruña con promoción especial para os socios do Dépor

O circuíto profesional de Pádel chega a próxima semana á Coruña para a disputa dunha nova proba do calendario mundial: o A Coruña Open. Do 10 ao 14 de maio as instalacións de ExpoCoruña acollen este espectáculo deportivo de primeiro nivel do que poderán gozar os socios e afeccionados do Dépor cun desconto especial dun 10% no prezo das entradas.

Introducindo o código ACOR_10 no proceso de compra de entradas en www.worldpadeltour.com, os deportivistas poden comprar ata catro localidades con ese desconto do 10% para ver ás mellores parellas do circuíto masculino e feminino na Coruña.