RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O xoves 7, ás 7 da tarde, preséntanse en ABANCA-RIAZOR as fichaxes do Dépor '17-'18

O regreso do 7 #ánosacasa será un dos atractivos da presentación que terá lugar o xoves 7, ás 7 da tarde no Estadio ABANCA-RIAZOR. Xunto a Lucas Pérez, todas as fichaxes da Temporada 2017-2018, desde o primeiro en chegar, Fede Cartabia, ao último en incorporarse, Costel Pantilimon, que chegará ese mesmo día á Coruña. Do mesmo xeito que os internacionais Fabian Schär e Fede Valverde. Tamén pisarán o céspede de ABANCA-RIAZOR Guilherme, desde esta tempada xogador propiedade do Dépor e Carles Gil, un ano máis un dous nosos.

O regreso de Adrián, e o recibimento a Bakkali e Gerard Valentín completarán o acto de posta de longo oficial dos novos xogadores do Dépor, este ano postergada ata setembro polas obras de mellora das instalacións de ABANCA-RIAZOR. Lanzamento de balóns, fotos, autógrafos e música completarán o acto de presentación oficial das fichaxes do Dépor 2017-2018.

O acceso á Tribuna do Estadio é libre e gratuíto para todos os deportivistas.