RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A araña un punto do ferrolán campo da Gándara, impracticable pola choiva

O Xuvenil A rabuñou 1 punto (2-2) do campo da Gándara, impracticable pola intensa choiva, ante o Racing de Ferrol, en choque correspondente á 13ª xornada no grupo 1º da Segunda División B.

Juan e Armas, este de penalti no minuto 94, igualaron un partido que se puxo costa arriba cun 2-0 a favor dos racinguistas. Sen dúbida o estado do terreo de xogo condicionou o encontro.

Con este resultado, o Xuvenil A é 7º na clasificación con 22 puntos.

Xuvenil A: Alberto, Iván, Íñigo, Álvaro, Juan, Prendes, Kilian, Armas, Gonçalo, Jorge e Álex. Tamén xogaron: Brea, Julián, Óscar e Israel.

O vindeiro domingo ás 12:00, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao Real Racing Club de Santander.

Os resultados do conxunto que dirixe Javi Álvarez son os seguintes:

Xuvenil A 5 (Prendes -2-, Armas, Álex e Íñigo) - Atlético Perines 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Armas)
Xuvenil A 3 (Israel, Álex e Kilian) - Ural 1
CD Colindres 1 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Álex) - Val Miñor 0
Lugo 2 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Litos) - Sporting de Gijón 1
CD Covadonga 2 - Xuvenil A 3 (Prendes, Armas e Valín)
Xuvenil A 1 (César) - Celta 2
CD Roces 0 - Xuvenil A 3 (Kilian -2- e Litos)
Alondras CF 1 - Xuvenil A 1 (Armas)
Xuvenil A 6 (Prendes, Juan -2-, Kilian -2- e Óscar) - Bansander 1
Racing de Ferrol 2 - Xuvenil A 2 (Juan e Armas)