O Xuvenil A gana en Torrelavega e segue á espreita do liderado da División de Honra
O Xuvenil A impúxose á RS Gimnástica de Torrelavega (0-3) en partido correspondente á 7ª xornada na División de Honra.
O choque decantouse para os branquiazuis após o descanso a raíz do gol de Montero. Kevin e Ogando sentenciaron aos cántabros xa na recta final.
Con este resultado, o Xuvenil A suma 17 puntos e é 2º na táboa, a 1 punto do RC Celta, líder con 18.
Xuvenil A: Lemos, Quique Teijo, Pablo Parada, Vilela, Seydiba, Carlos, Mardones, Hugo Baldomar, Kevin, Montero e Delgado. Tamén xogaron: Hugo, Garaboa, Ogando, Carreira e Pedro.
A próxima fin de semana, o equipo que dirixe Manuel Pablo recibe en Abegondo ao Bansander.
Os resultados do Xuvenil A en liga até a data son os seguintes:
CD Lugo 1 - Xuvenil A 3 (Hugo Baldomar, Garaboa e Carlos) Xuvenil A 1 (Kevin) - Atlético Perines 1 CD Marina Sport 1 - Xuvenil A 2 (Hugo e Kevin) Xuvenil A 1 (Kevin) - Sporting de Gijón 1 SD Compostela 1 - Xuvenil A 7 (Kevin -4-, Hugo Baldomar, Martín Ochoa e Garaboa) Xuvenil A 4 (Álex Delgado, Montero, Kevin e Ogando) - Arosa SC 1 RS Gimnástica de Torrelavega 0 - Xuvenil A 3 (Montero, Kevin e Ogando)