O Xuvenil A mantén o liderado da liga en Santander antes de afrontar a Copa este mércores en Abegondo
Cun triunfo pola mínima (0-1) no sempre difícil campo do Vicente Miera de Santander no que disputa os seus partidos o Atlético Perines, o Xuvenil A mantivo o liderado da División de Honra.
Antes de encarar os oitavos de final da Copa del Rey este mércores 25 de xaneiro ás 18:00 en Abegondo a partido único ante o Atlético de Madrid, e despois de 17 partidos disputados en liga, os pupilos de Manuel Pablo encabezan a clasificación con 43 puntos, 1 punto por encima do Sporting de Gijón, e 2 de vantaxe sobre o RC Celta.
Un gol de Hugo no minuto 46 desnivelou o encontro entre santanderinos e coruñeses, choque que pecha unha semana na que dous de Os Nosos, Kevin Sánchez e Manu Berrocal, tiveron ademais minutos de xogo coa selección española sub-18 con motivo dun amigable ante Italia.
Xuvenil A: Lemos, Quique Teijo, Manu Berrocal, Vilela, Evan, Carreira, Mardones, Hugo Baldomar, Kevin, Manu Ferreiro e Hugo. Tamén xogaron: Carlos, Montero, Ogando, Álex Delgado e Garaboa.
A próxima fin de semana, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao CD Marina Sport.
Os resultados do Xuvenil A en liga até a data son os seguintes:
CD Lugo 1 - Xuvenil A 3 (Hugo Baldomar, Garaboa e Carlos) Xuvenil A 1 (Kevin) - Atlético Perines 1 CD Marina Sport 1 - Xuvenil A 2 (Hugo e Kevin) Xuvenil A 1 (Kevin) - Sporting de Gijón 1 SD Compostela 1 - Xuvenil A 7 (Kevin -4-, Hugo Baldomar, Martín Ochoa e Garaboa) Xuvenil A 4 (Álex Delgado, Montero, Kevin e Ogando) - Arosa SC 1 RS Gimnástica de Torrelavega 0 - Xuvenil A 3 (Montero, Kevin e Ogando) Xuvenil A 3 (Kevin, Vilela e Ogando) - Bansander 0 Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Seydiba e Kevin) Xuvenil A 1 (Álex Delgado) - CD Covadonga 1 Coruxo FC 1 - Xuvenil A 2 (Noah e un futbolista rival en propia meta) Xuvenil A 3 (Kevin -2- e Carreira) - Deportivo Roces 0 RC Celta 0 - Xuvenil A 1 (Hugo) Xuvenil A 3 (Kevin, Álex Delgado e Ogando) - Real Racing Club 1 Ural Español CF 1 - Xuvenil A 2 (Kevin e Carreira) Xuvenil A 1 (Mardones) - CD Lugo 1 Atlético Perines 0 - Xuvenil A 1 (Hugo)