O Xuvenil A non puido en Abegondo co RC Celta (2-3) en partido correspondente á 28ª xornada (antepenúltima) na División de Honra e afástase, case de forma definitiva, do título de liga.
Os célticos empezaron moi fortes o partido e fóronse ao descanso xa con vantaxe clara no marcador por 0-2.
Após o paso dos vestiarios, o partido quedou sentenciado cun terceiro gol vigués no minuto 70; pero os branquiazuis tiraron de orgullo e, a pesar de encarar o tramo final con 10 futbolistas por expulsión de Vilela, lograron acurtar distancias con goles de Pablo Parada e Garaboa e asinar o 2-3 definitivo.
Con este resultado, e con 6 puntos en xogo até o final de liga, o RC Celta suma 69 puntos por 64 do Xuvenil A, que tamén terá que pelexar co Sporting, 3º con 62, para defender o subcampeonato.
Xuvenil A: Román, Noah, Vilela, Seydiba, Carreira, Mardones, Hugo Baldomar, Kevin, Hugo, Pablo Parada e Domínguez. Tamén xogaron: Álex Delgado, Carlos, Manu Ferreiro, Manu Berrocal e Garaboa.
A próxima fin de semana, o conxunto que prepara Manuel Pablo visita en Santander ao Real Racing Club.
Os resultados do Xuvenil A en liga até a data son os seguintes:
CD Lugo 1 - Xuvenil A 3 (Hugo Baldomar, Garaboa e Carlos)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Atlético Perines 1
CD Marina Sport 1 - Xuvenil A 2 (Hugo e Kevin)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Sporting de Gijón 1
SD Compostela 1 - Xuvenil A 7 (Kevin -4-, Hugo Baldomar, Martín Ochoa e Garaboa)
Xuvenil A 4 (Álex Delgado, Montero, Kevin e Ogando) - Arosa SC 1
RS Gimnástica de Torrelavega 0 - Xuvenil A 3 (Montero, Kevin e Ogando)
Xuvenil A 3 (Kevin, Vilela e Ogando) - Bansander 0
Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Seydiba e Kevin)
Xuvenil A 1 (Álex Delgado) - CD Covadonga 1
Coruxo FC 1 - Xuvenil A 2 (Noah e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil A 3 (Kevin -2- e Carreira) - Deportivo Roces 0
RC Celta 0 - Xuvenil A 1 (Hugo)
Xuvenil A 3 (Kevin, Álex Delgado e Ogando) - Real Racing Club 1
Ural Español CF 1 - Xuvenil A 2 (Kevin e Carreira)
Xuvenil A 1 (Mardones) - CD Lugo 1
Atlético Perines 0 - Xuvenil A 1 (Hugo)
Xuvenil A 2 (Hugo Baldomar e Álex Delgado) - CD Marina Sport 2
Sporting de Gijón 2 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 2 (Kevin e Seydiba) - SD Compostela 1
Arosa SC 2 - Xuvenil A 2 (Kevin -2-)
Xuvenil A 3 (Montero, Noah e Kevin) - RS Gimnástica de Torrelavega 2
Bansander 0 - Xuvenil A 1 (Hugo Baldomar)
Xuvenil A 1 (Seydiba) - Real Oviedo 1
CD Covadonga 0 - Xuvenil A 2 (Ogando e Vilela)
Xuvenil A 1 (Seydiba) - Coruxo FC 0
Deportivo Roces 0 - Xuvenil A 2 (Mardones e Garaboa)
Xuvenil A 2 (Pablo Parada e Garaboa) - RC Celta 3