RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A rabuña un empate no complicado campo do Atlético Perines

O Xuvenil A rabuñou un punto na sempre complicada cancha do Atlético Perines de Santander (1-1).

Os cántabros, que transitan pola zona media-baixa, rendibilizan á perfección a herba sintética e as dimensións do seu terreo de xogo, máis reducidas que as de Abegondo, e aí conseguen a maior parte dos seus puntos.

Ante o Xuvenil A, adiantouse na primeira parte o Atlético Perines, pero foi capaz de igualar Gonçalo Oliveira tralo descanso, no minuto 51.

Con este resultado da 14ª xornada, o Xuvenil A é 3º na División de Honra con 27 puntos.

Xuvenil A: Íker, Iván, Pedro, Pablo Fraga, Juan Rodríguez, Mario, Sarmiento, Prendes, Gonçalo Oliveira, Barba e Luque. Tamén xogaron: Fito, Víctor Guerra e Edu Taboada.

O vindeiro domingo 15 de decembro (12:00 horas), o Xuvenil A recibe en Abegondo ao CD Calasanz.

Os resultados do equipo que prepara Álex Antón son os seguintes:

Real Avilés 0 - Xuvenil A 3 (Gonçalo Oliveira -2- e Edu Taboada)
Xuvenil A 0 - RC Celta 2
CD Roces 0 - Xuvenil A 1 (Peke)
Xuvenil A 5 (Luque, Mario, Víctor e Sarmiento -2-) - CD Marina Sport 0
Xuvenil A 1 (Peke) - CD Lugo 1
Real Racing Club 0 - Xuvenil A 2 (Mario e Peke)
Xuvenil A 2 (Pol e Víctor Guerra) - Sporting de Gijón 2
Ural CF 3 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Sarmiento) - Bansander 0
Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Edu Taboada e Peke)
Xuvenil A 2 (Sarmiento e Juan Rodríguez) - ED Val Miñor Nigrán 1
Racing de Ferrol 0 - Xuvenil A 1 (Mario)
Xuvenil A 0 - CD Conxo Santiago 1
Atlético Perines 1 - Xuvenil A 1 (Gonçalo Oliveira)