RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A vence en Xixón ao Deportivo Roces antes de xogarse medio título en Abegondo ante o RC Celta

O Xuvenil A liquidou o seu compromiso (0-2) en Xixón co Deportivo Roces en partido correspondente á 27ª xornada na División de Honra con goles de Mardones e Garaboa.

A falta de 3 partidos para a conclusión do campionato, os branquiazuis son segundos na táboa con 64 puntos por 66 do RC Celta, que visitará Abegondo o vindeiro domingo 23 de abril ás 16:00 horas (Youtube RC Deportivo), en partido decisivo para o título.

Xuvenil A: Román, Noah, Manu Berrocal, Vilela, Seydiba, Carreira, Mardones, Baldomar, Hugo, Pablo Parada e Domínguez. Tamén xogaron: Evan, Carlos, Garaboa, Zoe e Ogando.

O vestiario deportivista festexa tamén a convocatoria de Kevin Sánchez para dous partidos amigables coa selección española sub-18 en Suíza o vindeiro martes 18 e o xoves 20. O atacante incorporarase á concentración do equipo nacional mañá domingo.

Os resultados do Xuvenil A en liga até a data son os seguintes:

CD Lugo 1 - Xuvenil A 3 (Hugo Baldomar, Garaboa e Carlos)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Atlético Perines 1
CD Marina Sport 1 - Xuvenil A 2 (Hugo e Kevin)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Sporting de Gijón 1
SD Compostela 1 - Xuvenil A 7 (Kevin -4-, Hugo Baldomar, Martín Ochoa e Garaboa)
Xuvenil A 4 (Álex Delgado, Montero, Kevin e Ogando) - Arosa SC 1
RS Gimnástica de Torrelavega 0 - Xuvenil A 3 (Montero, Kevin e Ogando)
Xuvenil A 3 (Kevin, Vilela e Ogando) - Bansander 0
Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Seydiba e Kevin)
Xuvenil A 1 (Álex Delgado) - CD Covadonga 1
Coruxo FC 1 - Xuvenil A 2 (Noah e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil A 3 (Kevin -2- e Carreira) - Deportivo Roces 0
RC Celta 0 - Xuvenil A 1 (Hugo)
Xuvenil A 3 (Kevin, Álex Delgado e Ogando) - Real Racing Club 1
Ural Español CF 1 - Xuvenil A 2 (Kevin e Carreira)
Xuvenil A 1 (Mardones) - CD Lugo 1
Atlético Perines 0 - Xuvenil A 1 (Hugo)
Xuvenil A 2 (Hugo Baldomar e Álex Delgado) - CD Marina Sport 2
Sporting de Gijón 2 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 2 (Kevin e Seydiba) - SD Compostela 1
Arosa SC 2 - Xuvenil A 2 (Kevin -2-)
Xuvenil A 3 (Montero, Noah e Kevin) - RS Gimnástica de Torrelavega 2
Bansander 0 - Xuvenil A 1 (Hugo Baldomar)
Xuvenil A 1 (Seydiba) - Real Oviedo 1
CD Covadonga 0 - Xuvenil A 2 (Ogando e Vilela)
Xuvenil A 1 (Seydiba) - Coruxo FC 0
Deportivo Roces 0 - Xuvenil A 2 (Mardones e Garaboa)