RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Xuvenil A xa coñece aos seus rivais na Segunda Fase para a Copa de Campións

O Xuvenil A, que accedeu á Segunda Fase para a Copa de Campións como brillante campión do subgrupo A da División de Honra, xa coñece aos seus rivais nesta nova parte da competición. Son os cinco primeiros clasificados do subgrupo B: Sporting de Gijón, Real Racing Club de Santander, Atlético Perines, Bansander e CD Marina Sport.

Á espera de coñecer o calendario, o formato de competición será de liga a unha soa volta a partir do domingo 5 de abril e arrastraranse os puntos da Primeira Fase. Por conseguinte, o Xuvenil A arranca con 45 puntos na primeira posición, seguido polo RC Celta (43 puntos) e Sporting de Gijón (39 puntos).