O Xuvenil B desprázase a Francia para disputar a 35ª edición da International Rezé Football
Primeiro torneo amigable para o Xuvenil B, unha vez concluída en 4ª posición a competición na Liga Nacional.
Esta semana, o conxunto deportivista viaxa a Francia para disputar a 35ª edición da International Rezé Football na localidade de Rezé.
O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B cos seguintes equipos: USSA Vertou, FC Rezé e FC Nantes.
O calendario inicial do Xuvenil B é o seguinte:
Venres 7 de xuño 9:00: XUVENIL B - USSA VERTOU (campo A) 12:00: FC REZÉ - XUVENIL B (campo B) 16:00: XUVENIL B - FC NANTES (campo A)
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogarán o sábado 8 a partir das 10:30 horas. Os outros dous equipos acceden a unha Fase de Consolación, que arranca tamén o sábado pero a partir das 9:30 horas.