RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
XUVENIL B

O Xuvenil B saca adiante a sempre difícil visita ao Pabellón Ourense CF

O Xuvenil B sacou adiante a sempre difícil visita (1-2) ao Pabellón Ourense CF, en partido correspondente á 4ª xornada da liga Nacional.

Lucas e Rodrigo puxeron en vantaxe ao branquiazuis pero recortaron diferenzas os ourensáns no tramo final, polo que houbo batalla até o último minuto.

Con este resultado, o equipo de Miguel Figueira xa manda en solitario na categoría con 12 puntos de 12 posibles.

Xuvenil B: Anxo, Vergara, Sergio Pose, Samuel Fernández, David, Nico Ruiz, José Rey, Lucas, Rubén, Héctor e Xián. Tamén xogaron: Samuel Vázquez, Javi Fernández, Rodrigo, Telmo e Daniel.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao CVC Valladares.

Os resultados até a data do conxunto deportivista son os seguintes:

Xuvenil B 4 (Héctor -2-, Rubén e un futbolista rival en propia meta) - CD Lugo B 2
Porriño Industrial FC 0 - Xuvenil B 3 (Héctor, Rubén e Xián)
Xuvenil B 3 (José Rey, Rubén e Álvaro) - Pontevedra CF 0
Pabellón Ourense CF 1 - Xuvenil B 2 (Lucas e Rodrigo)