A fin de semana en ANOSACANTEIRA está marcada por única cita.
O Xuvenil B recibe ao RC Celta B este sábado 31 de maio ás 17:00 no último partido da Liga Nacional.
O encontro poderase seguir en directo pola canle oficial do RC Deportivo en YouTube.
Os branquiazuis avantaxan en 1 punto aos celestes á fronte da táboa. Por conseguinte, de aquí sairá o campión.
Onte xoves 29 a atención pasaba polo Toralín de Ponferrada. O Xuvenil A enfrontouse ao Real Betis na primeira semifinal, que curiosamente se xogou de segunda, da Copa de Campións.
Non puideron os branquiazuis cos béticos, a pesar de adiantarse no marcador con 2 goles nos primeiros 2 minutos.
A pesar de todo a temporada do Xuvenil A pode cualificarse como sobresaliente, situando a ANOSACANTEIRA entre as 4 mellores de España.
Así mesmo en Abegondo, o San Tirso SD Infantil perdeu por 1-3 no seu último partido de liga da División de Honra ante o AJ Lérez.
Os 'verdes' acaban con 40 puntos na zona media da clasificación despois de 13 partidos gañados, 1 empatado e 16 perdidos; con 58 goles a favor e 59 en contra.
O mércores, o Cadete venceu por 0-4 ao CD Conxo Santiago no campo da Merced na penúltima xornada da División de Honra, con goles de Guille, Roi e Elías Trigo -2-.
Con este resultado, os branquiazuis, a falta de 1 partido, suman 92 puntos na 2ª posición polo 94 do líder, o RC Celta.
Na última xornada, os deportivistas reciben en Abegondo á SD Compostela e os célticos, ao ED Xuventude de Oroso.
Ademais, o Infantil concluíu a liga con triunfo (8-0) en Abegondo ante o Victoria CF e como subcampión da División de Honra.
Os deportivistas gañaron 26 partidos, empataron 2 e perderon 2; con 120 goles marcados e 31 recibidos.
Finalmente este pasado martes 27 de maio o San Tirso SD Cadete, 4º na División de Honra, venceu por 2-1 ao Escola de Fútbol DSF no campo Penedo Redondo de Salceda de Caselas.
Os 'verdes' están a asinar unha gran campaña e afiánzanse na zona nobre da táboa, só superados por Dépor, Celta e ED Val Miñor Nigrán.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría xuvenil
Copa de Campións, semifinal (xoves 29): XUVENIL A 2 (Rubén e José Rey) - REAL BETIS 6
34ª xornada (última): XUVENIL B - RC CELTA B, mañá sábado 31 de maio ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Xuvenil B, 83 puntos; 2. RC Celta B, 82 puntos; 3. Racing de Ferrol, 70 puntos...
Categoría cadete
33ª xornada (mércores 28): CD CONXO SANTIAGO 0 - CADETE 4 (Guille, Roi e Elías Trigo -2-)
33ª xornada (martes 27): SAN TIRSO SD CADETE 2 (Dani López e Dani Fructuoso) - ESCOLA DE FÚTBOL DSF 1
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 94 puntos; 2. Cadete, 92 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán (un partido menos), 66 puntos; 4. San Tirso SD Cadete, 62 puntos; 5. SD Compostela (un partido menos), 58 puntos...
Categoría infantil
30ª xornada (última) (mércores 28): INFANTIL 8 (Álex Vidal -4-, Íker Obeso -3- e Hugo Caridad) - VICTORIA CF 0
30ª xornada (última) (xoves 29): SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Carlos Crepo) - AJ LÉREZ 3
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 82 puntos; 2. Infantil (un partido máis), 80 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 64 puntos... 6. AJ Lérez (un partido máis), 44 puntos; 7. CD Lugo, Atlético Coruña Montañeros CF e San Tirso SD Infantil (un partido máis), 40 puntos; 10. CD Conxo Santiago, 38 puntos; 11. Victoria CF (un partido máis) e Arosa SC, 29 puntos...