RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Oferta especial para socios: 4 entradas a 5 euros para o Dépor-Málaga en Riazor

Xa están á venda as entradas para o partido da 28ª xornada da liga contra o Málaga (sábado 5 de marzo ás 22:05 horas), con prezos entre os 20 e os 40 euros para o público pero cunha oferta especial para os socios. Para pre

A oferta de ata 4 entradas a 5 euros cada unha está destinada aos socios do Real Club Deportivo. Cada socio poderá retirar as entradas presentando o seu abono no momento da compra. A promoción será válida, ata fin de existencias, no horario habitual da Oficina de Atención ao Deportivista: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas e o sábado xa nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor, desde as 11:00 e ata o comezo do partido.

As bancadas dispoñibles son: Marathón Inferior, Marathón Superior, Preferencia Superior, Tribuna Superior, Tribuna Inferior e Tribuna Dianteira. Os socios que non dispoñan de entradas na súa propia bancada poderán comprar entradas doutras localidades similares á súa, ou de non haber dispoñibilidade, de superior categoría.

Prezos entradas Liga, 28ª xornada: Deportivo - Málaga (Riazor, sábado 5 de marzo, 22:05 horas)

  Público Socios
TRIBUNA SUPERIOR 40 € 5 €
TRIBUNA INFERIOR 35 € 5 €
TRIBUNA DIANTEIRA 30 € 5 €
PREFERENCIA SUPERIOR 30 € 5 €
PREFERENCIA INFERIOR AGOT ADAS
PREFERENCIA INFERIOR LATERAL AGOT ADAS
MARATHÓN SUPERIOR 25 € 5 €
MARATHÓN INFERIOR 20 € 5 €
PAVILLÓN SUPERIOR AGOT ADAS
PAVILLÓN INFERIOR AGOT ADAS

As entradas de público tamén poden comprarse a través de internet en:

www.canaldeportivo.com/taquilla