RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obrigatoria e unha de acompañante para o Dépor ABANCA - Granada CF do sábado 26 de abril en ABANCA-RIAZOR

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obrigatoria e a maiores unha entrada de acompañante unicamente en bancada.rcdeportivo.es para o Dépor ABANCA - Granada CF do sábado 26 de abril ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 27ª xornada da Liga F.

En primeiro momento estarán dispoñibles entradas de Tribuna Inferior e iranse abrindo bancadas a medida que se vaian ocupando.

O prezo da entrada de público é de 10 euros.

Os abonados e abonadas que non adquirisen o suplemento do Dépor ABANCA (15 euros) poderán acudir á Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) para realizalo.

O horario da OAD é de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.