RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Os alevíns avanzan en Lloret de Mar e mañá mércores #ONOSODERBI infantil centra a atención en Abegondo

O Alevín A e o Fabril FC Alevín avanzaron á fase final da Christmas Spain Ibercup en Lloret de Mar. O Alevín A xogará mañá mércores as semifinais (10:00) e os fabrilistas, os cuartos de final (9:00).

Ademais hai actividade esta semana para outros catro equipos antes do Nadal.

#ONOSODERBI infantil será o partido destacado, mañá mércores 21 de decembro ás 19:00 en Abegondo. O choque corresponde á 14ª xornada na División de Honra, que se xogará case na súa totalidade a primeira fin de semana de xaneiro de 2023.

O liderado está en xogo, posto que os célticos chegan á Cidade Deportiva como líderes con 36 puntos por 34 os branquiazuis, segundos.

Tamén mañá mércores, o Xuvenil B disputa un amigable ante o Real Oviedo, neste caso a partir das 17:00 en Abegondo.

Para o venres 23, antesala do Nadal, quedan outros 2 partidos.

Ás 16:15, o San Tirso SD Cadete visitará no campo de Aneiros ao Racing de Ferrol en partido adiantado á 17ª xornada na División de Honra cadete.

E no Monte, o San Tirso SD Infantil tamén adiantou o seu partido da 14ª xornada na División de Honra infantil. O seu rival é o UD Santa Mariña ás 18:00 horas.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
Clasificación: 1. Fabril, 29 puntos; 2. Racing Villalbés, 27 puntos; 3. Arosa SC, 26 puntos...

Categoría feminina
Clasificación da Primeira Nacional: 1. Deportivo ABANCA B, 37 puntos; 2. Sporting de Gijón, 32 puntos...

Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Sárdoma CF B, 35 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Feminino, 34 puntos; 3. CD Lugo, 32 puntos; 4. Bergantiños CF, 31 puntos...

Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete B Feminino, 30 puntos; 2. Atlético San Pedro, 25 puntos...

Clasificación da Liga Galega cadete, subgrupo A: 1. Orzán SD Cadete Feminino, 27 puntos; 2. Victoria CF e Colegio Obradoiro, 21 puntos...

Clasificación da Liga Galega infantil, subgrupo A: 1. SCD Pastoriza, 24 puntos; 2. Orzán SD Infantil Feminino, 18 puntos; 3. UC Cee, 15 puntos...

Categoría xuvenil
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 39 puntos; 2. Sporting de Gijón, 38 puntos; 3. RC Celta, 37 puntos; 4. Real Racing Club, 28 puntos...

Amigable: XUVENIL B - REAL OVIEDO, mañá mércores 21 de decembro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. ED Val Miñor Nigrán, 33 puntos; 4. CD Choco, 28 puntos; 5. Atlético Coruña Montañeros CF, 27 puntos; 6. Xuvenil B e Pabellón Ourense CF, 26 puntos; 8. Bergantiños CF, 23 puntos...

Categoría cadete
17ª xornada: RACING DE FERROL - SAN TIRSO SD CADETE, o venres 23 de decembro ás 16:15 no campo de Aneiros (Ferrol)

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 46 puntos; 2. RC Celta, 43 puntos...5. Racing de Ferrol, 29 puntos... 11. Rápido de Bouzas, 22 puntos; 12. ED Val Miñor Nigrán, San Tirso SD Cadete e Pabellón Ourense CF, 21 puntos; 15. CD Areosa, 20 puntos...

Categoría infantil
14ª xornada: INFANTIL - RC CELTA, mañá mércores 21 de decembro ás 19:00 en Abegondo

14ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - UD SANTA MARIÑA, o venres 23 de decembro ás 18:00 no Monte

Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 36 puntos; 2. Infantil, 34 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 33 puntos... 8. UD Santa Mariña, 17 puntos... 12. San Tirso SD Infantil, 13 puntos...

Categoría alevín
XII edición da Tic Tac Cup, no Nou Municipal de Cornellá
Primeira Fase
Venres 16 de decembro
VALENCIA CF 1 - ALEVÍN A 1 (Manu Alcázar)
ALEVÍN A 2 (Leo Sánchez -2-) - FC ANDORRA 0
Sábado 17 de decembro
ALEVÍN A 1 (Thiago Montes) - GIRONA FC 0
Oitavos de final
ALEVÍN A 1 (Iker Obeso) - UE CORNELLÀ 1. A penaltis: 2-3
Fase de Consolación
ALEVÍN A 0 - PSG 1
ALEVÍN A 2 (Javi Barral e Daniel Alonso) - CF REUS 0
Domingo 18 de decembro
ALEVÍN A 0 - VILLARREAL CF 1
O Alevín A finalizou en 14ª posición

Christmas Spain Ibercup en Lloret de Mar
Primeira Fase
Luns 19 de decembro
ALEVÍN A 5 (Thiago Montes -2-, Leo Sánchez, Javi Barral e Iker Obeso) - SANTOS EXPERIENCE 0
ALEVÍN A 6 (Thiago Montes -2-, Iker Obeso -2-, Leo Sánchez e Mateo Varela) - AE BLANC i BLAVA 0
Martes 20 de decembro
LLORET CF 1 - ALEVÍN A 10 (Thiago Montes -3-, Javi Barral -3-, Manu Alcázar, Leo Sánchez, Antón Vilariño e Iker Obeso)
Cuartos de final
ALEVÍN A 11 (Javi Barral -3-, Thiago Montes -2-, Mateo Varela, Sergio Infante, Leo Sánchez, Manu Alcázar, Daniel Alonso e Iker Obeso) - ATLETIC CLUB LLORET 1
Mércores 21 de decembro
Semifinais
10:00: ALEVÍN A - PENÍNSULA POWER FC

Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º: 1. Alevín A, 21 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF, 19 puntos; 3. Ural Español CF, 15 puntos...

XII edición do Tic Tac Cup, no Nou Municipal de Cornellá
Primeira Fase
Venres 16 de decembro
FABRIL FC ALEVÍN 0 - NYXS DREAM TEAM 4
FC BARCELONA 4 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Álvaro Gómez)
Sábado 17 de decembro
SL BENFICA 2 - FABRIL FC ALEVÍN 2 (Álvaro Gómez e Iván Gil)
Fase de consolación
FABRIL FC ALEVÍN 0 - SAN CUGAT FC 1
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Álvaro Gómez, Iván Gil e David Gómez) - CE MANRESA 0
Domingo 18 de decembro
FABRIL FC ALEVÍN 2 - UE VIC 0
O Fabril FC Alevín finalizou este torneo en 21ª posición

Christmas Spain Ibercup, en Lloret de Mar
Primeira Fase
Luns 19 de decembro
FLUMINENSE EXPERIENCE 0 - FABRIL FC ALEVÍN 11 (Nacho Villanueva -4-, Álvaro Gómez -3-, Hugo Luaces, Jorge Fernández, Hugo Macedo e Hugo Pousa)
FABRIL FC ALEVÍN 8 (Nacho Villanueva -2-, Hugo Macedo, Iván Gil, Álvaro Gómez, David Gómez -2- e Hugo Luaces) - AE BLANC i BLAVA 0
Martes 20 de decembro
LLORET CF 0 - FABRIL FC ALEVÍN 15 (Nacho Villanueva -4-, Hugo Luaces -4-, Álvaro Gómez -3-, David Gómez -2-, Hugo Macedo e Hugo Pousa)
Mércores 21 de decembro
Cuartos de final
9:00: FABRIL FC ALEVÍN - ATLETIC CLUB LLORET

Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Alevín, 19 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz, 18 puntos; 3. Atlético San Pedro, 15 puntos...

Categoría benxamín
Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, 18 puntos; 2. CD Calasanz e Ural Español CF, 15 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF, 13 puntos; 5. Fabril FC Benxamín, 10 puntos; 6. Victoria CF, 9 puntos...