RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Os alumnos do CEIP Eusebio da Guarda gozaron dunha nova xornada de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis' en ABANCA-RIAZOR

Máis de 80 alumnos de 6º de Primaria do CEIP Eusebio da Guarda da Coruña gozaron na mañá de onte xoves dunha nova xornada do proxecto 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', que de novo tivo como escenario o Estadio ABANCA-RIAZOR. Os estudantes compartiron parte da mañá con Peke e Malena, xogadoras do Dépor ABANCA.

Antes do encontro coas xogadoras, os alumnos puideron gozar dunha visita guiada polas dependencias do Estadio ABANCA-RIAZOR e, posteriormente, na Sala de Prensa recibiron unha charla acerca da historia do Dépor a cargo do xornalista de La Opinión de A Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Branquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo ex conselleiro Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización por parte do RC Deportivo. A xornada acabou coa entrega de postais asinadas polas futbolistas e coa foto de familia ao bordo do terreo de xogo.

A experiencia branquiazul dos alumnos do colexio da Praza de Pontevedra concluirá no último partido ligueiro do Dépor esta temporada en ABANCA-RIAZOR, fronte ao Villarreal, a fin de semana do 13 de maio.