RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os alumnos do CEIP Ría do Burgo abriron unha nova temporada de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis'

Medio centenar de alumnos de 6º de Primaria do CEIP Ría do Burgo gozaron na mañá de hoxe mércores da primeira xornada dunha nova temporada do proxecto 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', que tivo como escenario a Cidade Deportiva de Abegondo. Os estudantes compartiron parte da mañá con Teresa Abelleira, centrocampista do Dépor ABANCA, e Dani Giménez, porteiro do Deportivo.

Antes do encontro cos xogadores, os alumnos recibiron unha charla acerca da historia do Dépor a cargo do xornalista de La Opinión de A Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Branquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo ex conselleiro Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización por parte do RC Deportivo. A xornada acabou coa entrega de postais asinadas polos futbolistas e coa foto de familia na bancada do campo 1 de Abegondo.

A experiencia branquiazul dos alumnos do centro cullerdense concluirá no partido ligueiro do Dépor fronte ao Zaragoza, o domingo 16 de decembro ás 18:00 horas.