O Trofeo Mini Teresa Herrera, cuxa final se xoga en ABANCA-RIAZOR antes do Trofeo Teresa Herrera, é o protagonista mañá luns en #ANOSACANTEIRA.
Así, os dous equipos benxamíns do Club encaran os cuartos de final, a partido único.
O Benxamín A, que esta fin de semana participou na Copa Ribadumia - Clae Viaxes, mídese ao Victoria CF.
Pola súa banda, o Fabril FC Benxamín (na foto da noticia), que competiu no Torneo Talleres Castiñeira en Vigo, vese as caras co CFD Orzán.
Os vencedores pasarán ás semifinais, que se disputarán o mércores 28 de xuño, tamén a partido único.
O calendario de partidos confirmados é o seguinte:
Categoría benxamínMini Teresa Herrera, cuartos de final: BENXAMÍN A - VICTORIA CF, mañá luns 26 de xuño ás 18:00 en San Pedro de Visma (campo 2.2)
Mini Teresa Herrera, cuartos de final: FABRIL FC BENXAMÍN - CFD ORZÁN, mañá luns 26 de xuño ás 18:00 en San Pedro de Visma (campo 2.1)