Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor abren este domingo 8 de febreiro a partir das 13:15
Este domingo 8 de febreiro, día do partido en ABANCA-RIAZOR ante o Albacete BalompIé (16:15), abren os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 13:15 horas.
Os prezos das localidades son a partir de 25 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.
Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.
Ademais, está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.