Os goles das xogadoras do Deportivo ABANCA B Sara e Aroa deron o triunfo á selección galega sub-17 sobre Aragón (2-1), na 2ª e última xornada da Primeira Fase do Campionato de España de seleccións autonómicas.
Ambas as futbolistas saíron no once inicial.
Con este resultado, Galicia pecha esta Primeira Fase con 3 puntos.
Onte venres, Sara e Aroa tamén saíron de inicio e xogaron todo o encontro ante Cataluña, primeiro rival, que venceu (1-4) ás galegas grazas a unha gran segunda metade. Sara exerceu de capitá do combinado galego.
Os resultados da selección galega sub-17 nesta Primeira Fase do Campionato de España foron os seguintes: