RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os Nosos inician este luns 21 de xullo unha nova semana de pretemporada xa cos dous primeiros amigables

Os Nosos, hoxe domingo con xornada de descanso, inician este luns 21 de xullo unha nova semana de pretemporada, a terceira, na que xa chegarán os dous primeiros amigables.

Os primeiros rivais do Dépor serán a SD Compostela de Tercera Federación, o mércores 23 de xullo ás 20:30 no Estadio Vero Boquete; e o Ourense CF de Primera Federación o sábado 26 de xullo ás 20:00 no Couto, neste caso co 2º Memorial Miguel Ángel en xogo.

Os dous encontros serán retransmitidos en directo pola canle oficial do RC Deportivo en YouTube.

A maiores, Antonio Hidalgo disporá de 6 sesións de traballo na Cidade Deportiva, con dobre quenda precisamente este luns 21.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 21 de xullo
10:30 h.
17:00 h.

Martes 22 de xullo
10:30 h.

Mércores 23 de xullo
20:30: SD Compostela - Deportivo, no Estadio Vero Boquete

Xoves 24 de xullo
10:30 h.

Venres 25 de xullo
10:30 h.

Sábado 26 de xullo
10:30 h.
20:00: Ourense CF - Deportivo, no Couto