RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Os socios branquiazuis comezan a renovar o seu abono de forma masiva

Uns 200 socios renovaron onte o meuércoles 23 de xuño o seu carné para a tempada 2010-11 e aforráronse desta forma un 2%, que é o que subirá o abono de socio a partir do 1 de xullo, co incremento do IVE estipulado polo Goberno. Ao redor de 2

O Club mantén unha vez máis a súa liña de que os abonos sexan os máis baratos do fútbol español. Tamén, como é tradicional, os xubilados e os parados terán un desconto especial.

Renovando o abono este mes leva consigo ese aforro derivado do IVE. Así, por pór un exemplo, o carné anual de Tribuna Superior, o máis caro, ten un prezo neto de 566 euros, que é o que recibe o Real Club Deportivo. Antes do 1 de xullo, ao aplicarlle o 16% de IVE, o prezo de venda ao público é de 657 euros. A partir do 1 de xullo, co 18% de IVE, o prezo de venda ao público ascenderá a 668,50 euros.

Por contra, o abono máis económico, o de Pavillón Inferior, ten un prezo neto de 168,10 euros, que é o que percibirá realmente o Real Club Deportivo. Antes do 1 de xullo, ao aplicarlle o 16% de IVE, o seu prezo de venda ao público é de 195 euros. A partir do 1 de xullo, o prezo de venda ao público sobe a 198,50 euros.

Os carnés estarán a disposición dos afeccionados nas Oficinas de Atención ao Socio e Accionista da zona dos Palcos VIP de Riazor - Avd. da Habana (na bancada de Preferencia), á que se accede entre as portas 15 e 16 do Estadio. O horario da Oficina de Atención ao Socio é de Luns a Venres de 10:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:30 horas.

Todos os socios que o desexen poden renovar o carné por teléfono, a través de Caixa Galicia. Para iso só hai que chamar ao 902 43 44 43, realizar o pago correspondente con cartón de crédito e elixir a sucursal de Caixa Galicia na que se desexa recibir o carné.

A continuación pode consultar os prezos dos abonos de todas as localidades. Na primeira táboa para os que renoven ou se dean de alta ata o 30 de xuño. Na segunda, para os afeccionados que se dean de alta a partir do 1 de xullo.

PREZOS DOS ABONOS TEMPADA 2010/2011
ATA O 30 DE XUÑO
 
ADULTO
INFANTIL
   
TRIBUNA SUPERIOR
657,00 €
310,00 €
   
TRIBUNA INFERIOR
602,50 €
296,50 €
   
TRIBUNA DIANTEIRA
561,50 €
264,00 €
   
PREFERENCIA SUPERIOR
555,00 €
260,50 €
   
PREFERENCIA INFERIOR
277,00 €
136,00 €
   
PREFERENCIA INFERIOR LATERAL
232,00 €
 
   
FONDO PABELLON SUPERIOR
277,00 €
136,00 €
   
FONDO PABELLON INFERIOR
195,00 €
 
   
FONDO MARATHON SUPERIOR
402,00 €
175,00 €
   
FONDO MARATHON INFERIOR
232,00 €
 
   
XUBILADOS
(MARATHÓN SUPERIOR)
(Admisión Pechada)
237,00 €
 
   
XUBILADOS
(PREF. INFERIOR)
190,50 €
 
MAIORES DE 65 ANOS
PARADOS (PREF.INFERIOR)
147,50 €
 
 
 
JUNIOR (PREF. INFERIOR)
 
94,00 €
 ATA 20 ANOS
SOCIO AMIGO
49,50 €
 
 
 




PREZOS DOS ABONOS TEMPADA 2010/2011
DESDE O 1 DE XULLO
 
ADULTO
INFANTIL
MENSUAL
ADULTO
MENSUAL
INFANTIL
TRIBUNA SUPERIOR
668,50 €
315,50 €
60,00 €
27,50 €
TRIBUNA INFERIOR
613,00 €
302,00 €
55,50 €
26,00 €
TRIBUNA DIANTEIRA
571,50 €
269,00 €
51,50 €
24,00 €
PREFERENCIA SUPERIOR
565,00 €
265,00 €
49,50€
27,50 €
PREFERENCIA INFERIOR
282,00 €
138,50 €
25,00 €
13,50 €
PREFERENCIA INFERIOR LATERAL
236,00 €
 
21,00 €
 
FONDO PABELLON SUPERIOR
282,00 €
138,50 €
25,00 €
13,50 €
FONDO PABELLON INFERIOR
198,50 €
 
19,00 €
 
FONDO MARATHON SUPERIOR
409,00 €
178,00 €
37,00 €
17,00 €
FONDO MARATHON INFERIOR
236,00 €
 
21,00 €
 
XUBILADOS
(MARATHÓN SUPERIOR)
(Admisión Pechada)
241,00 €
 
 
 
XUBILADOS
(PREF. INFERIOR)
194,00 €
 
MAIORES DE 65 ANOS
PARADOS (PREF.INFERIOR)
150,00 €
 
 
 
JUNIOR (PREF. INFERIOR)
 
95,50 €
 ATA 20 ANOS
SOCIO AMIGO
50,50 €
 
 
 

 

 

 

NOVAS ALTAS: As novas altas de socios pagasen 30 € en concepto de inscrición, excepción feita de localidades de infantil, junior, xubilados e parados, ou que sexa accionista do R.C. Deportivo da Coruña, S.A.D. As novas inscricións de socios deben subscribir dúas accións, para garantir a súa numero de asento no futuro. Se non queren subscribilas poden non facelo pero, en tempadas posteriores, podrian perder o seu número de asento salvo que se trate de localidades de parados, xubilados, infantís ou junior.

As novas altas e socios de parados ou xubilados situaranse só en preferencia inferior

Xubilados: Deberán acreditar ter, polo menos 65 anos de idade.

Parados: Deberan acreditar o seu situacion de paro co cartón actualizado do INEM.

Junior: Só poderán ocupar a bancada de Preferencia Inferior.

Socio Amigo: Terá dereito a asistir a un partido de Liga, que elixirá durante a tempada 2010/2011, á bancada de fondo de Pavillón Superior adquirindo o número de socio que conservará mentres permaneza de alta no R.C. Deportivo. Esta modalidade está dirixida a persoas que residen no estranxeiro, nenos recien nados, etc. O partido será seleccionado na semana que se poñan á venda as entradas e sempre suxeito á dispoñibilidade das mesmas, quedando excluídos, o Real Madrid e o F.C. Barcelona.

A renovación de carnés de Socio de Ouro así como os carnés de Xubilado deberán retiralos os propios interesados ou no seu caso outra persoa cunha "Fe de Vida"

Os cambios de asento dentro da mesma bancada realizaranse ao finalizar o prazo de retirada de abonos entre Novembro e Decembro de 2010.

No noso afán de chegar a todos os afeccionados, deseñamos un esquema de abonos e prezos que permite que calquera seguidor poida facerse abonado do Club, desta forma esperamos que a cuestión económica non sexa para ninguén un impedimento para a asistencia ao fútbol.

Ademais, ante o gran éxito das últimos campañas, mantemos os abonos para xubilados, para parados e para persoas que sinxelamente desexen facerse amigos do club.