RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RSC

Os usuarios do Centro de Inserción Social gozaron dunha visita guiada a Riazor

O RC Deportivo organizou unha xornada especial do proxecto 'Os Nosos Valores' cos usuarios do Centro de Inserción Social (CIS) da Coruña dentro das súas accións de integración social e co obxectivo de achegar impactos positivos na comunidade. A pretensión desta xornada é a de fomentar os valores do fútbol en xeral e do deportivismo en particular.

Os usuarios realizaron este xoves unha visita guiada ao Estadio Municipal de Riazor, onde volverán o domingo para asistir ao encontro entre o RC Deportivo e o RCD Espanyol. Con esta xornada, o RC Deportivo pecha pola presente temporada o proxecto 'Os Nosos Valores'.

A xornada especial comezou o mércores, cunha mesa de experiencias titulada "¿Onde veño, estou, vou?", na que participaron Martín Pita, conselleiro da Área Social do RC Deportivo; María Gordo Perdiguero 'Perdi', xogadora do Dépor Abanca; Elkin Andrés Flórez Domínguez e José Manuel Ferreira Colmenero, membros da Área Formativa do RC Deportivo.

O Centro de Inserción Social (CIS) da Coruña está destinado aos servizos sociais penais, que velan polo cumprimento das penas alternativas e fan seguimento das persoas que se atopan na última fase da súa condena, en semilibertad, onde se lles apoia para unha mellor reinserción con actividades formativas e de procura de emprego en colaboración coa Fundación Érguete Integración.